Instinto dance

viernes, 7 de octubre de 2011

Omnia presents Ain Mo - The tune

Que melodía contundente ten este tema! Cada vez que o escoito danme ganas de deixar a silla e poñerme a saltar ó seu ritmo.
Impresiona o que creou Omnia. A melodía ainda que parece sinxela ten un toque que a fai distinguida.
Podes escoitala aquí:

jueves, 6 de octubre de 2011

GaetanoDj - Giulia

Corría o ano 1996 cando Gianni Togni incluiu no seu disco "Cari amori miei" o tema "Gulia". O tema tivo sona por Italia e no apoxeo do italodance, Dj Lhasa creou a súa versión do tema de Gianni Togni no seu album "No colors", dandolle un toque máis rápido. Máis tarde, no ano 2009, Ivan Fillini incluiría no seu album "Italian dance collection vol.1" a súa versión, cantada polo fenomenal Miani. Está contiña un estilo italo, pero cuns baixos moi marcados.

Desta volta, GaetanoDj traenos a súa particular versión do tema, cun estilo parecido ó de Dj Lhasa. Para min é ten unha parte de copia importante, pero inclue un son máis refinado e un bombo menos potente. De todas maneiras, soa moi ben.

Podes escoitar unha previa do que vai ser o tema aquí:

miércoles, 5 de octubre de 2011

Hot Bananas feat. Rachele Dione - Lonely little dancer (Homeaffairs remix)

Cada vez que escoito este tema cárganseme as pilas. Presenta uns rasgos de house moi carismáticos. O vocal, aínda que escaso en certos momentos do tema está moi ben buscado e concorda perfectamente co tema.
En canto á melodía, fresca e moderna, cuns toques tribales que a fan moi atractiva.
Podedes escoitala aquí:

martes, 4 de octubre de 2011

Chrizzo & Maxim feat. Amanda Wilson - Runaway

Unha nova mostra de que o estilo de Avicii é fantástico e está calando entre os productores. Desta volta Chrizzo & Maxim presentan unha melodía moi de este estilo.
A voz pona Amanda Wilson, que xa nalgún tema o fixera moi ben e neste non é para menos.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 3 de octubre de 2011

Djs from Mars feat. Fragma - Insane (In da brain)

Atopábamonnos á espera deste novo tema dos Djs from Mars, do que levabamos escoitando previas dende había un mes. Hoxe saleu á luz e atopámonos cun tema moi interesante.

Os acordes da melodía son reamente adictivos. E que decir do vocal? Moi pero que moi delicioso.
E non te perdas o videoclip oficial, que é realmente bo. Contén partes de videoclips de varios artistas donde interveñen os Djs from Mars e a cantante Fragma. Entre eles podemos atopar a mestura de varios videoclips como os de The Verve, Shakira, Benny Benassi, Pink Floyd, Daft Punk, Michael Jackson, Os Beatles, Britney Spears, Nirvana ou LMFAO entre outros.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://hulkshare.com/oflrwwa7kaov

domingo, 2 de octubre de 2011

Cascada - Au revoir (Dj Gollum remix)

Novidades da man desta grade artista alemana. Sempre foi unha artista que se caracterizou polos seus hits, polo que non me sorprende este novo tema "Au revoir"
Sen embargo, o remix do album que máis me gustou foi o de Dj Gollum en hands up. Sinceramente, cada vez que escoito vólvome tolo pola melodía que lle otorgou ó tema. Realmente fantástico.
Podes escoitalo aquí:

sábado, 1 de octubre de 2011

Sebastian Ingrosso & Alesso - Calling

Un dos tres integrantes do Swedish House Mafia traenos este tema. De momento solo existen previas do tema final, pero o house que nos mostra é calidade en estado puro. A melodía está moldeada perfectamente e crea unha sensación espectacular.
Podes escoitar aquí unha previa: