Instinto dance

domingo, 7 de agosto de 2011

Gigi D'Agostino - Stay with me

Hai uns dias sacaba a palestra un tema de Gigi D'Agostino e hoxe mostrovos a última producción deste xenio.
O tema non é novo, xa que estaba editado no seu disco "Ieri e Oggi", pero modificou a melodía para facela máis atractiva, rítmica e acorde co estilo italodance.
Non sei a vos, pero a min paréceme un regalo para os oídos. Todo un señor vocal (para os curiosos é a súa voz) acompañado dunha melodía perfecta. Sempre o digo, cando Gigi mete as máns sempre quita unha bomba e esto non iba ser menos.
Podedes escoitar un adianto aquí:

sábado, 6 de agosto de 2011

Lady Gaga - The edge of glory (Sultan & Ned Shepard remix)

Esta rapaza ten unha voz prodixiosa. Éncántame o rexistro melódico que ten.
O que vos traio hoxe é un remix house progresivo do tema "The edge of Glory" da man de Sultan & Ned Shepard. Nalgún momento da canción, recordame a temas do gran Deadmau5 ou ó tema dos Guns'N'Roses titulado "Sweet child o mine". Moi bo a verdade.
Podelo escoitar aquí:

viernes, 5 de agosto de 2011

Favara Dj feat. BlitzdiPluto - Fino all'alba (Dj sTore remix)

Dj sTore tráenos o seu novo remix do tema "Fino all'alba". Italo como o que se escoitaba hai un par de anos.
Resultame curioso o ben montado que está este tema. Un vocal con mensaxe e que resulta moi agradable e unha melodía que parece feita perfecta a medida para o tema, moito mellor ca o tema orixinal.
Escoitao aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
http://www27.zippyshare.com/v/80622785/file.html

jueves, 4 de agosto de 2011

Yinon Yahel feat. Emmi - Tonight (The Perez Brothers remix)

Son contundente da man dos Perez Brothers, como nos teñen acostumados. Uns baixos potentes para acompañar a voz a voz anxelical de Emmi.
Podedes aprecialo aquí:

miércoles, 3 de agosto de 2011

Gigi D'Agostino - Lo sbaglio

Había tempo que non escoitaba ningunha producción deste excéntrico xenio musical, un dos meus djs preferidos senon o que máis.
Este tema segue a súa xeira de produccións do estilo que inaugurou alá a principios do ano 2000, como é o lento violento.
Como sempre, Gigi aplicando un cúmulo de ideas e sentimentos combinandoos neste tema para dar lugar a un tema espectacular tanto na melodía como no vocal.
Podedes escoitalo aquí:

martes, 2 de agosto de 2011

Armin van Buuren feat. Nadia Ali - Feels so good (Tristan Garner remix)

Encántame este remix do novo tema de Armin van Buuren. Tristan Garner crea un tema espectacular cuns pequenos toques de enxeño que o fan delicioso.
Podedes botarlle un vistazo aquí:

lunes, 1 de agosto de 2011

Avicii - Fade into darkness

Como non podía se doutra maneira, o deus Avicii volvenos a traer un temazo das súas máns. Desta vez sorpréndenos cun vocal simple, pero que unido á melodía hipnótica o fai irresistible.
Escoitao aquí: