Como non todo é marcha neste blog, hoxe tocalle sitio a un tema máis relaxado, donde a melodía flue coma o mel e o vocal axuda a completar este labor e darlle un toque exquisito.
Por certo, non perdades a ocasión de ver o video, donde acompañaron a canción de Dinka cunha curtametraxe de Nuno Rocha, xa que o resultado é magnífico. Realmente se me puxeron os pelos como escarpias cando o vin.
Con esta entrada, a última do ano, Instinto dance deséxavos feliz fin de ano e que todo vos vaia ben neste ano novo 2012 que comeza.
Collendo como base os mellores temas do 2011, os Djs from Mars forman un mash up donde nos sorprenden fusionando temas que soaron este ano. Non faltan temas como os de Skrillex, Lady Gaga, Coldplay, Rihanna con Calvin Harris, LMFAO, David Guetta, Usher, Swedish House mafia, Avicii ou Sak Noel.
Se aínda non o escoitáchedes, recoméndos ver o videoclip oficial aquí:
Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace: http://www.megaupload.com/?d=508VDE3V
Xa hai tempo que saiu ó mercado o CD orixinal, no que atopamos remixes moi interesantes, como é o caso do de Dj Store, pero a discográfica Italo Rumble Digital decideu sacar unha segunda tanda de remixes do tema orixinal donde atopamos algún remixer pouco coñecido, pero que crearon remixes moi interesantes. Este non é o caso de ItaloProducer, do que xa escoitáramos produccións, como o "Happiness", o "Lamtumire" (este moi pero que moi bo sobre todo na parte vocal) ou o "Nostalgia".
Desta ocasión nas mans de remixer crea un tema moi interesante, donde nos sorprende cun remix que ainda que non difire moito do orixinal, puxo uns retoques nalgunha parte que o fan realmente unha peza que debe ser escoitada.
Alien Cut vólvenos sorprender co son refrescante e novidoso que producen.
Desta vez presentannos un remix do tema "Lei che lo vuole", do que tantos remixers están a meter man para darlle un toque personal. Alien Cut fai o mesmo e quita un tema moi divertido e adictivo.
A entrada de hoxe é integra para mostrarvos varios dos novos mash ups de Max Aqualuce e Luca Ventafunk, máis coñecidos por formar o grupo Djs From Mars. Tras este pequeno inciso presentovos as novidades que nos brindan:
- Maroon5 feat. Christina Aguilera vs. Praise Cats - Shined on Jagger
Neste mash up uniron un ods temas con máis sona dos últimos meses, como é o "Moves like Jagger" creado trala colaboración entre Maroon 5 e Christina Aguilera e o campo melódico do "Shined on me" de Praise Cats e Andrea Love.
Bótalle un ollo aquí:
- Sak Noel Vs. Bingo Players vs. White Stripes - 7 nation people
Non soa nada mal este mash up fusionado a partires do vocal do éxito "Loca people" do catalán Sak Noel xunto co apartado melódico do "Rattle" dos Bingo Players e o "Seven nation army" dos The White Stripes.
Aquí o podedes ver:
- Adele vs. Avicii - Fade into Someone like you
Outro temazo para variar das mans destes "delincuentes". Para este utilizaron o vocal dumha das mellores voces femininas do momento, como é a de Adele, do tema "Someone like you" acompañada da base melódica do "Fade Into darkness" do gran Avicii.
O resultado pódelo apreciar aquí:
- David Guetta vs Queen - Titanium must go on
Como se soe facer, o mellor deixase para o final, así que esta vez non ía ser menos. Considero esto un dos mellores mash ups deste dueto. Para facelo botaron man do vocal do último éxito de David Getta, o "Titanium" xunto ca melodía do "The show must go on" da banda de rock británica Queen acompañado duns toques dubstep.
Recoméndovos ver o videoclip, xa que é bestial, do mellor en canto a edición gráfica quen vin nos últimos meses:
Por certo, se estás interesado en conseguir os temas, pódelos descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace:
Hoxe 25 de decembro Instinto dance deséxavos Bo Nadal! Como non podía ser doutra maneira, acompaño esta felicitación co tema que vos recomendo diariamente.
Hoxe traiovos un tema, que xa ten un par de anos, co que vos felicito o nadal en materia de son italo. Presenta o vocal da gran voz de Miani. Da parte melódica ocúpase estupendamente un dos djs que máis boto de menos no panorama italo como é Dario Synth.