Instinto dance

miércoles, 31 de agosto de 2011

Dancecom Project - Firework (Dance remix tribute to Katy Perry)

Un tributo de Dancecom Project á canción orixinal de Katy Perry, cantada por outra voz feminina, que aínda que a voz de Katy Perry é moi boa, esta non se queda atrás.
Ademáis, engade un ritmo electrónico á canción que non contén a orixinal (recordar que a orixinal é pop).
Sen máis, aquí a podedes escoitar:

martes, 30 de agosto de 2011

Inna - Club rocker (Perez Brothers remix)

Volven á carga os Perez Brothers facendo un remix do último hit de Inna, o "Club Rocker".
Como é habitual neles, aplican un baixo remarcado cunha melodía de fondo moi adictiva. Electro de calidade.
Podedes escoitalo aquí:

lunes, 29 de agosto de 2011

Sultan & Ned Shepard feat. Nadia Ali - Call my name

Que vozarrón ten Nadia Ali. Xa me gustou cando acompañou no seu último single a Armin van Buuren e este está na linea.
En canto á melodía, un tema trance tradicional, donde a melodía está moi coidada e que non engana dende o primeiro momento.
Podes ver o videoclip oficial aquí:

domingo, 28 de agosto de 2011

Joe Jonas - Love slayer (Jump Smokers remix)

Moi novedoso o son que nos trae Joe Jonas. Parece que che sube a adrenalina segúndo o escoitas. A melodía racha co son electro que se escoita hoxe en día nas produccións máis coñecidas, facendo que o resultado deste remix sexa increible.
Podelo escoitar aquí:

sábado, 27 de agosto de 2011

Ivan Fillini feat. Miani - Fiky Fiky 2011

Ivan Fillini, volve apostar de novo polo italodance na súa nova producción que nos trae xunto co vocal de Miani. Ambos xa son coñecidos facendo temas xuntos, xa que as cancións dos últimos dous discos de Ivan (Italian dance collection 1 e 2) levaron a súa voz, que a verdade me encanta, xa que se amolda moi ben en tódolos temas italodance.
Xunto á versión italo podemos atopar a versión hands up de Dancefloor Kingz, que non me disgustou nada, e a versión house. Esta última non me convenceu, xa que un vocal vivo e potente como o de Miani non acaba de encaixar ca melodía, pero bueno, o marketing é o que ten.
Podes escoitar a versión italo no videoclip oficial:

viernes, 26 de agosto de 2011

Alvaro Guerra & Kilian Dominguez - Summer groove

Tema que bebe das fontes do estilo de produccións como a de Sak Noel "Loca People" que tanto lle gusta ó publico.
O tema combina ademáis un vocal femenino moi pícaro que lle vai gustar moito á xente.
Deixovos o videoclip oficial:

jueves, 25 de agosto de 2011

Titus Jones - Hello girl, let's party till the end

É increible a imaxinación dos mash upers en ocasións. Por exemplo, neste tema, no que se usou a melodía de Martin Solveig de "Hello", incluíronse os vocales de Britney Spears, No Doubt, LMFAO, Sum 41 e Vanilla Ice. O bonito do asunto é que queda perfecto, como se dunha colaboración de estudio deles se tratara.
Totalmente recomendable a súa escoita.
Podedes ver o tema e o videomix de parte de Dj Tripp aquí: