Instinto dance

domingo, 31 de julio de 2011

Bon Jovi - It's my life (Phobia & Shaker remix)

Realmente espectacular a forza que transmite este remix. Collendo o vocal dunha gran canción de Bon Jovi como é o "It's My Life", editada alá polo ano 2000, e cambiando a melodía por unha hands up obtemos este gran remix.
Aquí vola deixo á vosa disposición a edición remezclada co videoclip orixinal da man de Supremo:

sábado, 30 de julio de 2011

Dj Odie - Dance for life vol. 1

Esta semana grabei unha sesión italo feita por min, polo que se vos interesa podedela escoitar aquí:


O tracklist é o seguinte:
1. Grax - Come back to me (Dj Zulan extended remix)
2. Dj Cry Feat. Daniele Meo - T.V.B.V. 2k11 (Dj Seleco extended remix)
3. 20 Fingers feat.Roula - Lick it (Mariucch remix)
4. DJ Barbas presents Insession - Legend (Siculand extended)
5. Denik Fihonmhan with DJ Niky & MyssT - Per sempre (Dance Rocker remix)
6. Hoxygen - El tango de la muerte (Original extended remix)
7. Motel Synth George feat. Katok - Maranza fairytale (Dance Rocker remix)
8. Carmixer & Save feat. Elen@ & Francy M - Seguimi (Domyp remix)
9. Don Omar feat. Lucenzo - Danza kuduro (Dj Cillo remix)
10. Thalia - Un alma sentenciada (Dj Seleco & Dance Rocker remix 2011)
11. Italotunez - Paradise (Freddy remix)
12. Dj Pijalis & Sheby - One night was enough (Original extended remix)

Se a queredes descargar, podedes facelo dende o meu perfil de soundcloud, dandolle ó botón "download" que aparece arriba do reproductor ou clicando na flecha que apunta cara abaixo no reproductor superior ou dende este elace:
http://www.hulkshare.com/k7pyd239n85c

Aviso, hai algunha cabalgada e erros, pero bueno, eche o que hai!

Espero que vos guste :-)

viernes, 29 de julio de 2011

Andre Ola feat. Helene - Erase you (Marcos Rodriguez & Xavi Beat)

O contraste que pon na voz esta rapaza ó comezo tan paixonal e despois máis potente crea un efecto moi bo. Se segue así seguro que a escoitaremos en moitas produccións novas.
O peor? A melodía, pois é demaisado sinxela. Fixerona sen quebrarse moito a cabeza.
Destaco tamén o videoclip, xa que me parece que ten partes nas que a fotografía e a toma é perfecta.
Podes velo videoclip oficial do tema aquí:

jueves, 28 de julio de 2011

Remady feat. Manu L - The way we are

Tras sorprendernos anteriormente co seu tema "Give me a sign", tema que me encantou tanto pola melodía fresca e elaborada como polo delicioso vocal que aportou Manu L, volven á carga estes dous co tema "The way we are", moi parecido en canto á melodía ó anterior.
Podedes ver o videoclip oficial aquí:

miércoles, 27 de julio de 2011

Rosie Romero & Kyfu - Sangba (Save the robot remix)

Temazo house progresivo da man destes dous xenios. Ten unha melodía espectacular cun baixo moi marcado que a fai realmente fantástica. Ademáis combina unhas subidas moi traballadas que che poñen os pelos como escarpias.
Aquí vos deixo unha previa do que vai ser o tema:

martes, 26 de julio de 2011

Thalia - Un alma sentenciada (Dj Seleco & Dance Rocker remix)

Este remix paréceme espectacular. Dj Seleco e Dance Rocker colleron como base o vocal da canción de Thalia "Un alma sentenciada" acelerándoa un chisco e substituiron a melodía por unha italo.
Hai que decir que o vocal xa é espectacular pola forza que lle aporta Thalia, máis a melodía escollida pareceme perfecta. Un 10 para estes dous xenios.
Bótalle un ollo aquí:

lunes, 25 de julio de 2011

Simon From Deep Divas feat. Goody - Disco dancer

Collendo a base da canción "Lick it", creada por 20 Fingers alá polos noventa, e modificandoa un pouco sale algo como esto.
Moi boa idea, xa que ten un ritmiño moi adictivo, ideal para esta época estival.
Aquí podedes ver o videoclip oficial: