Mostra do que un dj con moita maña pode facer é esto que Gabry Ponte nos mamosa, mesturando 25 temas de moitos momentos da historia, entre o pop e o dance.
Novidoso e que engancha é o resumo deste tema. Con unha melodía moi interesante e un pequeno vocal chega este tema, que fara as delicias de moitas pistas.
Tema realmente raro, xa que podemos escoitar a un Armin van Buuren nun rexistro que non é o habitual, un dance melódico e moi comercial, xunto coa voz de Trevor Guthrie, que lle da un toque moi pegadizo.
Dureza na melodía deste tema, con unha melodía contundente gracias ó bombo duro e rápido, que o fan un pouco minimalista no conxunto do estilo electro.
Cun bombo moi chamativo chega este "Incredible", que ainda que ten moito parecido co orixinal deste tema creo que goza de un par de detalles que o fan mellor.
Ainda que sexa o típico tema totalmente comercial feito para vender, non nos atopamos na típica producción feita sen máis para esto, xa que o tema goza dunha melodía e un vocal moi bos, polo que é algo máis ca eso.
Unha base melódica moi boa, con personalidade, que ten como parte fundamental do tema a fantástica voz de Elly, enérxica e vida, que fai deste tema un número un das pistas.