Vaya bombo lle puxo a este tema Cc.K, que se volve a xuntar con Scoon & Delore tras o "Not gonna save the world" para producir esta xenialidade chea de potencia e unha melodía tremenda.
Este sintetizador é a proba máis contundente que nos atopamos ante un tema dun dos fenómenos dos últimos meses, os rusos Hard Rock Sofa, ben acompañados nesta andaina do dúo tamén ruso Dirty Shade. Contundencia dende o principo ata o final para este tema puramente melódico.
Tema un pooco máis flouxiño do que nos ten acostumados Wolfgang Gartner.
Algo máis na liña do comercial este novo tema de Wolfgang Gartner, que centra desta vez máis a melodía en dar viveza ó vocal en vez de ter máis protagonismo, como nos ten acostumados. De todas maneiras, gran melodía e vocal refinado para esta novidade.
Remix 100% español deste tema do nova celandés Dane Rumble.
Xa sabemos o ben que soan os temas e remixes de Jordi MB, como o "Heroes" ou o "Lady", dous temas cos que xa pasaran pola parrilla deste blog. Nesta etapa xúntase con Albert Kick, productor cuns cantos temas ás súas costas para dar lugar a un tema 100% bailable, con moita pegada.
Empeza tranquiliña, pero pouco a pouco vai collendo ritmo este tema de Petty Joy. Un vozarrón xunto cunha melodía que engana, xa que parece suaviña, pero que colle pouco a pouco forma e potencia dando unhas subidas excelentes.
Como sempre Ramón GZ sorpréndenos co seu vo facer nos remixes.
Tema de un dos productores italodance que está a ter moita fama debido ás súas últimas produccións. Ahora Ramón pon unha ginda co seu remix, dandolle unha forma hands up que realmente ben.
Tema do gran Hardwell, que como sempre lle da un toque personal e innovador ós seus temas, como este "Apollo", donde soupo combinar un tema cunha gran base melódica xunto cun vocal, o de Amba Shepherd, que fan del un tema pata negra.