Instinto dance

sábado, 7 de abril de 2012

Alesso vs. Ingrosso & Axwell - Nillionaire together (Bootleg)

Últimamente cada vez que escoito un set de Axwell sempre empeza pola mesmo tema, un bootleg de Alesso e da súa colaboración con Ingrosso.

Neste bootleg mestura o "Nillionaire" de Alesso, un tema púramente melódico e do que sólo podo falar marabillas del, e o "Together", feito entre a colaboración de Axwell e Sebastian Ingrosso, ainda que deste sólo colla a parte melódica. O resultado non hai máis que escoitalo aquí:

viernes, 6 de abril de 2012

Spencer & Hill feat. Ari - Surrender

Estes dous "elementos" chegan do mesmo xeito que sempre, con musicón de primeira calidade.

Gran melodía con algún efecto tipo Cazzette e de guinda un vocal delicioso para dar lugar a un tema 5 estrelas.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

jueves, 5 de abril de 2012

Basto & Yves V. - CloudBreaker (Basto Remix)

Como de costume o son de Basto non deixa un mal sabor de boca, donde as súas notas fan que recoñezas os seus temas dende o principio.

Neste novo tema, xunta esforzos con Yves V. e cun vocal feminino para darnos este regalo para os oídos.

Eso si, dende aquí quero darlle un pequeno tirón de orellas a Basto, xa que como di o dito "Na variedade está o gusto", así que espero que modifique un pouco a súa melodía, xa que os seus últimos temas son moi parecidos en canto a melodía.

Podes escoitalo aquí:

miércoles, 4 de abril de 2012

Darryl Green feat. Shena - The tears in my eyes

Unha melodía poderosa acompañada dun vocal un pouco máis frouxo para o meu gusto.

Darryl Green mete as súas mans máxicas nesta melodía house xunto co vocal de Shena para dar lugar a un tema, que ainda que cun toque relaxado, crea unha atmósfera brillante.

Podes escoitalo aquí:

martes, 3 de abril de 2012

Dj Sanny J. feat. Ice Mc & Neon - Alegria

Sinceramente, non sei que fixo cambiar de opinión a un dos mellores productores que facían italodance. Estando na cresta da ola decideu dar un xiro de 180 grados ó seu estilo de producción e facer algo máis electro latino. En fin... a pasta é o que ten!

Desde que comezou non quitou grandes produccións, camiño no que segue de momento. Este novo hit que quitou, o "Alegria" creo que é o máis potable que quitou de momento. O que máis destaco del é o vocal do grande Ice Mc (coñecido por temas eurodance como o "Think about the way", "It's a rainy day" ou o "Russian roulette"), unha fichaxe mediática para este tema, o "Party with us" e o "Kill it tonight", que como sempre ca súa voz dalle un toque bestial ó tema.

Podes ver o videoclip oficial aquí:

lunes, 2 de abril de 2012

Dual Playaz - Alone again (Justin Corza meets Greg Blast remix)

Se o productor xa é un xenio non quero decir nada dos dous remixes que tedes oportunidade de escoitar, Justin Corza e Greg Blast. Dous productores que lles gusta facer produccións con caña. Neste remix non son menos e o son ponche as pilas rápidamente. Temazo!

Podes escoitalo aquí:

domingo, 1 de abril de 2012

Gotye vs. Robert Miles - Somebody that I used to know vs. children (Djs from Mars bootleg)

Se hay tempo atrás falaba da versión que Mike Candys xunto con Jack Holiday facían do archiconocido Children, hoxe tócalle ó turno da cersión dos Djs from Mars adulterada co vocal do "Somebody that I used to know" de Gotye.

Perectamente combinados os ingredientes para dar lugar a un cóctel a gusto de calquera oído.

Podes ver o videoclip oficial aquí:


Por certo, se estás interesado en conseguir o tema na versión extendida, pódelo descargar de forma totalmente legal e gratuita dende o seguinte enlace: