Dende facía tempo podíamos escoitar este tema nos lives destes dous suecos, pero xa podemos desfrutar deste seu novo hit enteiro que acaba de sali á venda.
Como sempre un tema novidoso, cunha melodía entre house, dance ou hardstyle cun vocal que incita a escoitalo unha e outra vez.
Igual de boas a primeiras non te das conta de quen é Amii Stewart, pero se che digo que no ano 1979 saltou á fama polo ser éxito "Knock on wood" seguro que che soa máis.
Desta vez Gabry Ponte sábese rodear desta estadounidense cun marabilloso vocal dándolle unha melodía comercial que soa moi ben.
Vellos coñecidos no panorama italo, pouco a pouco Ranucci e Pelusi, máis coñecidos como Promiseland, están creando temas de máis calidade e máis gancho, como este "Noise", donde están acompañados por Junior Black.
Remix do hit do "Out of my mihttp://www.youtube.com/watch?v=CB3yylTpmUQnd" dos Bingo Players que poidemos desfrutar este 2012 pasado en clave hands up e cun cambiado vocal, ó pasar do femenino ó masculino. Un cambio que non lle sentou nada mal.
Un tema divertido e novidoso creado polo trio Krewella, que tema a tema se están facendo un oco no mercado dance a pasaos axigantados debido a calidade dos seus temas.
Dous productores suizos de moita sona, un pola súa longa carreira facendonos bailar e outro por ser un dous productores máis sonados dos últimos anos. Entre os dous logran un tema novidoso e actual que non sona nada mal.
Unha producción chea de calidade e de bo saber facer. Cunha melodía moi adictiva e un vocal italiano como este pinta que pode ser un tema a ter en conta nos próximos meses.
Un tema que goza da voz marabillosa de Sharon Doorson, pero que peca un pouco de melodía un tanto aburrida e plana baixo o meu punto de vista. Unha pena non traballar un pouco máis este aspecto, que podería facer desto un temazo.
Despois de pasar un tempo sen saber de ningunha producción destes dous italianos podemos escoitar o seu novo sinxelo titulado "Rock'n'roll" e que sona máis potente e estridente que outros temas máis comerciales do dueto turinés.
Ainda que xa hai tempo que podemos desfrutar deste tema dende rips de lives de diversos djs, por fin podemos atopar a versión completa deste expléndido tema feito entre Sick Individuals e Axwell e o vocal de Taylr Renee.
Como sempre, os remixes destes dous xenios do italo, DJ Seleco e Dance Rocker, é de 10. Tomando de base o "Pompeii" de Bastille, transforman o pop nun excelente italo.
Se o tema orixinal deste "Jack" me parece aburrido e simple, este remix dos The Perez Brothers ten todo o contrario, xenialidade e dinamismo que contrarestan os fallos do orixinal.
Unha melodía realmente adictiva é a carta de presentación de este "Wild inside" que nos trae o gran Mole, tema que se engadira un vocal podería ser un rompepistas mundial sen dúbida.
Novo remix destes dous cracks, que nos volven a sorprender pola súas melodías neste tema da vocalista Carolina Márquez (os que nos gusta o italo seguro que nos acordamos de temas como o "Ritmo", "Mas musica" ou o "Discomani") xunto co tan de moda Flo Rida.
Dende o primeiro segundo do tema creín que este pertencía ó gran Gigi D'Agostino, xa que a calidade melódica recorda a él. Gran remix deste dj que día a día está camiño de convertirse nun dos mellores no panorama italodance.
Se aínda estábamos co bo sabor de boca do "Wake me up" de Avicii, xa podemos disfrutar do seu seguinte tema. Como de costume unha melodía moi comercial acompañada dun espectacular vocal.
Un tema perfecto para disfrutar dos últimos coletazos do verán, xa que nos fai recordar esta temporada estival que tanto nos gusta debido á sinxeleza e o pegadizo do vocal.