Grandísimo remix dun vello coñecido neste blog, como é Dance Rocker.
Para este remix optou polo remix do tema "That's amore" de Manu LJ, tema dance que está a funcionar moi ben e que Dance Rocker soupo mesturar moi ben para obter este grande remix.
Novo tema destes dous cracks. Se hai pouco tempo poidemos disfrutar do "My life is a party", ahora temos novo tema, este "Luminous intensity", un tema ó que lle atopo en certos momentos un aire ós temas de Basshunter, fresco e que contaxia ganas de bailar.
Con estes productores polo medio non podía salir nada mal. Efectivamente, as mans dos tres e a voz das NERVO dan lugar a un tema dance completo e cunha pegada moi grande.
Tema dance que cunha melodía incrible. O seu estribillo encántame, donde non abusa dun potente bombo, senon duns agudos vibrantes e un vocal moi suculento.
Mostra do que un dj con moita maña pode facer é esto que Gabry Ponte nos mamosa, mesturando 25 temas de moitos momentos da historia, entre o pop e o dance.
Novidoso e que engancha é o resumo deste tema. Con unha melodía moi interesante e un pequeno vocal chega este tema, que fara as delicias de moitas pistas.
Tema realmente raro, xa que podemos escoitar a un Armin van Buuren nun rexistro que non é o habitual, un dance melódico e moi comercial, xunto coa voz de Trevor Guthrie, que lle da un toque moi pegadizo.
Dureza na melodía deste tema, con unha melodía contundente gracias ó bombo duro e rápido, que o fan un pouco minimalista no conxunto do estilo electro.
Cun bombo moi chamativo chega este "Incredible", que ainda que ten moito parecido co orixinal deste tema creo que goza de un par de detalles que o fan mellor.
Ainda que sexa o típico tema totalmente comercial feito para vender, non nos atopamos na típica producción feita sen máis para esto, xa que o tema goza dunha melodía e un vocal moi bos, polo que é algo máis ca eso.
Unha base melódica moi boa, con personalidade, que ten como parte fundamental do tema a fantástica voz de Elly, enérxica e vida, que fai deste tema un número un das pistas.
Subidón de tema.
O principio do tema, donde empeza forte, e o primeiro plato desde tema, que segue esta temática ó longo de todo o tema, dando coletazos así que empeza a adentrarse máis cara o climax do tema.
O vocal un pouco corto e sen moita chicha, pero a melodía é realmente abraiante. Capta a atención dende o principio, xa que o ritmo e o bombo que usa fan del un tema adictivo.
Este rapaz leva moito tempo no mundo dos bootles producindo grandes mash ups, como este, donde mestura temas como o remix de Ivan Gough do "Turn off the lights" de Vincenzo Callea vs. William Naraine, o "I love it" de Icona Pop feat. Charli XCX, tema altamente recomendable, "Redline" de Wolfgang Gartner, outro tema que non sona nada pero nada mal, e o "Mr. Brightside" dos The Killers.
Nunca me acabaron de convencer os temas de Dj HYO, máis este ten algo que me agrada cada vez que o escoito, unha melodía en certos momentos simples, pero que realmente enche os oídos cando a escoitas xunto cun vocal que soa realmente amigable e que engancha.
Unha melodía que deixa a calquera ca boca cerrada dende o primeiro momento, este é o resumo deste tema, colaboración entre Beltek e Morgan Page, puramente melódico, que non precisa de ningún vocal para ser o que é, un temazo.
Vaya bombo lle puxo a este tema Cc.K, que se volve a xuntar con Scoon & Delore tras o "Not gonna save the world" para producir esta xenialidade chea de potencia e unha melodía tremenda.
Este sintetizador é a proba máis contundente que nos atopamos ante un tema dun dos fenómenos dos últimos meses, os rusos Hard Rock Sofa, ben acompañados nesta andaina do dúo tamén ruso Dirty Shade. Contundencia dende o principo ata o final para este tema puramente melódico.
Tema un pooco máis flouxiño do que nos ten acostumados Wolfgang Gartner.
Algo máis na liña do comercial este novo tema de Wolfgang Gartner, que centra desta vez máis a melodía en dar viveza ó vocal en vez de ter máis protagonismo, como nos ten acostumados. De todas maneiras, gran melodía e vocal refinado para esta novidade.
Remix 100% español deste tema do nova celandés Dane Rumble.
Xa sabemos o ben que soan os temas e remixes de Jordi MB, como o "Heroes" ou o "Lady", dous temas cos que xa pasaran pola parrilla deste blog. Nesta etapa xúntase con Albert Kick, productor cuns cantos temas ás súas costas para dar lugar a un tema 100% bailable, con moita pegada.
Empeza tranquiliña, pero pouco a pouco vai collendo ritmo este tema de Petty Joy. Un vozarrón xunto cunha melodía que engana, xa que parece suaviña, pero que colle pouco a pouco forma e potencia dando unhas subidas excelentes.
Como sempre Ramón GZ sorpréndenos co seu vo facer nos remixes.
Tema de un dos productores italodance que está a ter moita fama debido ás súas últimas produccións. Ahora Ramón pon unha ginda co seu remix, dandolle unha forma hands up que realmente ben.
Tema do gran Hardwell, que como sempre lle da un toque personal e innovador ós seus temas, como este "Apollo", donde soupo combinar un tema cunha gran base melódica xunto cun vocal, o de Amba Shepherd, que fan del un tema pata negra.